Prazas vacantes nas escolas deportivas de Arteixo

No caso que as solicitudes supere as prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose a partir da primeira letra do primeiro apelido
Arteixo oferta prazas vacantes en escolas deportivas do concello
photo_camera Prazas vacantes nas escolas deportivas do Concello de Arteixo

Prazo de preinscrición nas prazas vacantes do 1 ao 14 de agosto

O Servizo Municipal de Deportes comunica as prazas vacantes nas escolas deportivas municipais para o vindeiro curso 2022/2023. Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto. A continuación lembramos que para solicitar as prazas vacantes deberase seguir o seguinte procedemento:

Impreso de preinscrición: poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección [email protected]. Descarga folla de preinscrición nesta ligazón

No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

  • Exposición de persoas preinscritas: 18 de agosto na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 22 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 24 de agosto na páxina web municipal.
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (1 ao 16 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 1 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).