Ramón Folch, nadador do CNA, ouro e prata no nacional máster

O deportista veterán Ramón Folch ten posta a mirada nos Campionatos de Fondo, Galego e de España, que se celebrarán en marzo e abril respectivamente
Ramón Folch compitió con más de 1200 deportistas en Pontevedra
photo_camera Ramón Folch coas medallas de ouro e prata

Ramón Folch participó o fin de semana no Campionato de España de Natación Máster en Pontevedra

O nadador máis veterán do Club Natación Arteixo, Ramón Folch, asistiu esta fin de semana ó XXVII Campionato de España de Natación Máster. No evento participaron nada máis e nada menos que 1252 deportistas desta categoría. Foi en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, en 25 metros, dende o xoves 3 ata o domingo 6. O deportista master tivo as súas catro probas moi ben repartidas, xa que nadou unha en cada xornada do campionato.

"Ramón acadou moi bos resultados individuais, voltou para casa con catro metais, dous ouros en 50 e 100 libre, e dúas pratas en 50 e 100 costas, todas en categoría +85. O espíritu competitivo deste nadador é todo un exemplo a seguir polos máis xóvenes. Ten posta a mirada nos Campionatos de Fondo, Galego e de España, que se celebrarán a finais de marzo e abril respectivamente", engade Lucía Leiro, directora deportiva do CNA.

Más en Deportes