Remata o prazo de solicitud das bolsas para deportistas

A Deputación da Coruña lembra que os interesados deben presentar a súas solicitudes coa documentación esixida no Rexistro Xeral da Deputación antes do día 31 de marzo. As bases completas poden ser consultadas no Boletín Oficial da Provincia. A Deputación da Coruñ convoca ata 20 bolsas por un valor total de 50.000 euros para...

deportes diputacionA Deputación da Coruña lembra que os interesados deben presentar a súas solicitudes coa documentación esixida no Rexistro Xeral da Deputación antes do día 31 de marzo. As bases completas poden ser consultadas no  Boletín Oficial da Provincia.

A Deputación da Coruñ convoca ata 20 bolsas por un valor total de 50.000 euros para deportes individuais. 

Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes. Resérvanse dez bolsas de 2.500 euros cada unha a rapaces de entre 10 e 17 anos, e outras dez axudas polo mesmo importe para deportistas de 18 a 23.

O abono do importe realizarase en dous pagos, un primeiro dun 40% no momento en que se adxudique a bolsa e o 60% restante facilitarase unha vez transcorridos tres meses dende a concesión e despois de que a federación deportiva correspondente acredite os resultados deportivos de 2014.

 

Más en Deportes