A Deputación regala pezas de Buño

A Deputación da Coruña renova os seus regalos institucionais e a partir de agora utilizará pezas con deseños exclusivos da olería de Buño, artesanía do Concello de Malpica. O uso destes novos regalos institucionais responde ao compromiso adquirido polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, de “aproveitar as relacións que estableza a institución con outras entidades para a promoción de produtos da provincia”...

regalo-buno-facebookA Deputación da Coruña renova os seus regalos institucionais e a partir de agora utilizará pezas con deseños exclusivos da olería de Buño, artesanía do Concello de Malpica.

O uso destes novos regalos institucionais responde ao compromiso adquirido polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, de “aproveitar as relacións que estableza a institución con outras entidades para a promoción de produtos da provincia”.

Agasallar con estas pezas ás persoas e institucións que acudan á Deputación coruñesa é posible grazas a un acordo entre o organismo provincial e a Asociación de Olería de Buño.

En principio, os regalos encargados pola Deputación son un peto típico da olería de Buño, un posavasos cun gravado do rosetón do pazo de Mariñán e unha reprodución en barro do Forno do Forte, edificio de Malpica que forma parte do patrimonio provincial.

Segundo o acordo ao que se chegou coa Asociación de Olería de Buño, a Deputación encargará os presentes a medida que os precise, e cada vez será un membro desta agrupación o que se encargue da elaboración, de modo que todos os asociados participarán nos traballos.