Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a relación de prazas na Rede A Galiña Azul para o próximo curso

Hoxe, 20 de febreiro de 2013, o Diario Oficial de Galicia publica a relación de prazas en escolas infantís da Rede A Galiña Azul para a matrícula do próximo curso. A oferta conta con 148 escolas e 8.627 prazas. Nesa relación está incluída a escola de Pastoriza...

Hoxe, 20 de febreiro de 2013, o Diario Oficial de Galicia publica a relación de prazas en escolas infantís da Rede A Galiña Azul para a matrícula do próximo curso. A oferta conta con 148 escolas e 8.627 prazas. Nesa relación está incluída a escola de Pastoriza (Arteixo).

A Consellería vai integrar este centro na rede autonómica, asumindo a súa xestión, e garantindo desta forma que 102 nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias poidan seguir disfrutando deste recurso esencial para a conciliación.

A Xunta de Galicia está a avanzar na posta en marcha dunha nova escola da Rede A Galiña Azul, que se construirá en virtude do convenio que a Consellería asinou coa Fundación Amancio Ortega o pasado ano, e que porá 82 novas prazas a disposición das familias de Arteixo.