Melandrainas fai historia en Samaín o xoves 31 polas rúas de Arteixo

Este ano Samaín trae unha ruta de historias para tódolos públicos a cargo do colectivo de teatro Melandrainas o xoves 31 dende as 19:30 horas

Este ano Samaín trae unha ruta de historias para tódolos públicos a cargo do colectivo de teatro Melandrainas. Sairase de Melandrainas Creativa Café (R/ Nicaragua, 4 - Arteixo) ás 19:30 horas e seguiran a seguinte ruta: Praza do Petisco, Fondo da Peatonal, Rúa Canónigo Cándido Varela (fondo), Praza do Balneario, Praza das Viñas e Travesía de Arteixo-Praza do Eroski.

Ademáis, moitos comercios de Arteixo terán larpeiradas para os nenos e nenas que se acheguen durante o día 31 a ruta. Organiza o evento Arteixo CCA e colaboran artistas de Melandrainas.