En marcha, a inscripción no programa "Mentoring Autónomos"

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca unha nova edición do programa Mentoring autónomos. O obxetivo é axudar ...

Aberta a inscripción no programa "Mentoring Autónomos" da Xunta de Galicia.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca unha nova edición do programa Mentoring para persoas traballadoras autónomas. O obxetivo é axudar a estes profesionais no crecemento e consolidación dos seus negocios.

Así, as persoas interesadas en participar poden solicitar a súa praza ata o próximo 30 de xuño.

Deestacar que a Xunta inviste no programa Mentoring Autónomos 250.000 euros e ofrece ata 200 prazas.

Tamén dicir que a iniciativa vai dirixida principalmente a persoas traballadoras autónomas cunha antigüidade mínima de 42 meses na súa actividade e con domicilio fiscal en Galicia.

Ademais, entre as persoas que cumpran as anteriores condicións, terán prioridade aquelas persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado.


Para rematar, os requisitos e condicións do programa poden consultarse no buscador do portal de Emprego de Galicia e na Oficina do Autónomo e as inscricións poden realizarse a través deste link, onde se atopa o formulario para solicitar a praza:

Más en Arteixo