O ccaArteixo invita a mollarse

Ata o 16 de xullo, o público pode conseguir en todos os establecementos do CCA os folletos-pasaporte que serven como...

 

cca Arteixo junio cartelArteixo Centro Comercial Aberto (Arteixo CCA) propón para estes días de verán,  unha nova actividade para os clientes, veciños e visitantes dos comercios e hostalaría de Arteixo.

Os sábados 9 e 16 de xullo, de 12 a 14 h, e 17 a 20 horas, en diferentes rúas comerciais. propoñen disfrutar de 2 tobogáns de auga, 1 deslizante, 1 inchable de saltar e 2 festas da Escuma.

Ata o 16 de xullo, o público pode conseguir en todos os establecementos do CCA os folletos-pasaporte que serven como pase para participar nas actividades. Regalaranse talonarios co descontos aos que participen nas 4 actividades e ademáis participan en sorteos de vales de compra.

"Para nós, apuntan desde o cca Arteixo, é moi importante contribuir á creación de actividades que den máis motivos á xente para pasar máis tempo en Arteixo e facer as suas compras aquí. Que a xente poida combinar compras e ocio sen necesidade de ir a grandes superficies.

Pero tamén é importante lembrarlle a todo o mundo, tanto comerciantes como consumidores, que todos temos que “mollarnos”, porque todos temos responsabilidade no desenvolvemento local  da economía e a seguridade nos pobos e barrios. Cando os comercios se asocian, están implicándose moito co pobo e contribuindo a que se poidan facer máis e máis cousas aquí, e cando os consumidores mercan no pequeno comercio, tamén están axudando a que melloren e aumenten a economía, o emprego e a seguridade das nosas vilas".

Móllate co comercio local

Por iso esta campaña chámase “Móllate co comercio local", Arteixo CCA móllase contigo”. "Relacionamos claramente 2 sentidos da palabra “Móllate”, que son: ven a xogar coa auga, a divertirte e refrescarte con nós, pero tamén: implícate, participa, contribúe… nós xa o facemos!!", contan.

Os folletos para participar son gratuitos e entréganse con calquera compra ou mesmo sin comprar se eres cliente habitual de algún establecemento socio do ccaArteixo. Pero mesmo sen entrar nos comercios, calquera persoa, neno nena pode participar, pedindo un folleto cada sábado aos monitores das actividades co cal van poder usar os 4 inchables. Ademáis as Festas da Escuma (haberá unha pola mañá e outra pola tarde cada sábado) son de libre acceso para todo o mundo.

Ademáis das actividades lúdicas, o público que participa, recibe talonarios de desconto para usar en comercios locais, e entran en sorteos de vales de compra. Os descontos apórtaos cada comercio e os vales de compra costéanse cos fondos da asociación que saen das cuotas que pagan os socios.