Pegatinas para a promoción do comercio en galego

O concello de Arteixo en colavoración coa Mesa pola Normalización Lingüística pon en marcha polo Nadal unha campaña destinada a dinamizar a lingua galega no sector do comercio. Está deseñada para fornecer...

O concello de Arteixo en colavoración coa Mesa pola Normalización Lingüística pon en marcha polo Nadal unha campaña destinada a dinamizar a lingua galega no sector do comercio. Está deseñada para fornecer materiais atractivos co obxectivo de facilitarlle aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.

Trátase dun prego de etiquetas para colocar nos agasallos que merque a clientela, con distintos lemas (“Quérote”, “Parabéns”, “Cos meus mellores desexos”, etc.). En cada un dos pregos inclúense os logotipos que os comerciantes poderán utilizar durante a campaña.Trátase dunha iniciativa que está pensada para pór en andamento en das previas a festas en que se produzan agasallos, como pode ser o Nadal ou San Valentín. Repartiranse polos comercios de Arteixo 70.000 pegatinas con eses lemas relacionados coa costume de regalar.