Curso de seguridad en plantas petroquímicas

O Departamento de Promoción Económica do concello de Arteixo informa dun curso de seguridad en plantas petroquímicas. A inscripción...
Curso seguridad petroquímicas
photo_camera Curso seguridad petroquímicas

Aberto o prazo de inscripción para curso de seguridad en plantas petroquímicas.

O Departamento de Promoción Económica do concello de Arteixo informa dun curso de seguridad en plantas petroquímicas.

Os destinatarios son 18 persoas desempregadas residentes en Arteixo. A inscripción debe facerse no Departamento de Promoción Económica, Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias, Parcela 46, Arteixo).

As datas para anotarse van do 6 ao 10 de febreiro, en horario de 9 a 14 horas.

O curso ten de duración 9 horas teóricas e 3 prácticas. O horario da parte teórica é segundo os contidos de REPSOL): dous dias en horario de tarde.

Para a parte práctica o horario son 3 horas por grupo en instalacións do Polígono de Sabón (Equipo de Respiración Autónomo e Extinción de incendios).

Tamén destacar que as datas previstas da formación son as seguintes:

  • parte teórica, na semana do 13 ao 17 de febreiro
  • parte práctica, en grupos a partir do día seguinte á formación teórica.

Lugar de impartición do curso: Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, Parcela 46,15142 Arteixo. A parte práctica impartiranse nunhas instalacións ubicadas no Polígono de Sabón.

Se o número de solicitudes supera o número de prazas, realizarase un sorteo público mediante a extracción dun número, cada número corresponderase cunha letra do alfabeto.

Importante: as 18 prazas de cada curso designaránse por orde alfabético, e tendo en conta o primeiro apelido dos solicitantes, en función da letra que resulte do sorteo. O resto de inscritos quedarán como reservas, ante posibles baixas, en lista de espera do grupo correspondente, ou poderán acceder a prazas do seguinte curso desta mesma especialidade convocado. O sorteo público, realizarase no centro Arteixo Innovación, o día 13 de febreiro as 11 horas. As persoas que non cumplan algún dos requisitos para acceder aos cursos poderán causar baixa no momento que se detecte o incumprimento dos mesmos.