A curta "A cara oculta da lúa" reivindica a igualdade

Tras semanas de traballo, “A cara oculta da lúa” vió a luz este xoves 14 de outubro ás 10 horas na canle de youtube de PEstudio
A cara oculta da lúa curta de PEstudio coa colaboración de Iniciativa Xove
photo_camera Parte da grabación da curta "A cara oculta da lúa"

Un grupo de mozas coordinadas por PEstudio publican unha curta colaborativa no programa Iniciativa Xove

Tras semanas de traballo, “A cara oculta da lúa” vió a luz este xoves 14 de outubro na canle de youtube de PEstudio. A participación e cooperación dun grupo de mozas de diferentes idades permitiron súa elaboración. Trátase dun proxecto que pretende poñer de manifesto a evolución do pensamento femenista. O traballo foi posible grazas á colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e ó seu programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude.

A curta mestura a praxe xornalística coa ficción. As mozas responden diante da cámara a unha serie de preguntas provocadoras que buscan activar o seu subsconsciente. A finalidade é expresar o que sinten e pensan con respecto a conductas machistas instaladas nos imaxinarios colectivos da sociedade. Durante os sete minutos de duración prodúcese unha conversa entre as mulleres do pasado (representadas pola figura dunha meiga) e as mulleres actuais. Os cambios na sociedade e o progreso en materia de igualdade continúan a producirse grazas a loita de mulleres comprometidas. Deste xeito, "A cara oculta da lúa" ten como obxectivo estimular ese compromiso e concienciar da importancia de seguir avanzando.

A presentación do filme foi ás 10 horas cunha conversa entre as mozas participantes e a coordinadora da producción e grabación do vídeo, así como a presidenta de PEstudio. Posteriormente, foi o turno da proxección da curtametraxe para os medios de comunicación presentes para rematar cun pequeno coloquio. Para máis información: 644 962757 (Isabel García, Presidenta de PEstudio) / [email protected]