Masterclass sobre comunicación organizada por Agaxecca

A masterclass é gratuíta e vai dirixida aos xerentes e técnicos dos CCA´s, comerciantes, traballadores do sector comercio e emprendedores
masterclass organizada por la asociciación de CCA´s de Galicia
photo_camera Cartel promocional da masterclass online do viernes 17 de decembro

O encontro, en formato masterclass online, celebrarase o venres 17 de decembro

A masterclass que organiza Agaxecca tratará de afianzar conceptos como a reputación corporativa, creación de axenda así como o uso de storytelling e relacións públicas para crecer. A crise derivada da covid-19 está a supoñer un reto sen precedentes para o comercio local. Os centros comerciais abertos tiveron que buscar novas fórmulas de dinamización comercial. Tamén, adaptarse aos cambios nos hábitos de consumo e os protocolos sanitarios esixidos.

Co obxectivo de seguir formando aos técnicos e técnicas dos ccas, este venres 17 de decembro ás 10:00 horas , organizan unha Masterclass sobre como utilizar a comunicación como ferramenta de dinamización. O poñente será Paco García Cobas, Consultor do ámbito tecnolóxico con ampla experiencia. Actualmente desenvolve o seu traballo na empresa Calambur Comuniketing.

Formación gratuita

Esta formación é totalmente gratuíta e vai dirixida de maneira prioritaria aos xerentes e técnicos dos ccas pero tamén poden anotarse comerciantes, traballadores do sector comercio e mesmo emprendedores con interese na materia. Para anotarse é preciso indicar nome, apelidos, dni e cca ou empresa ben ao wasap 608 549 011 ou no correo [email protected]. Este curso encádrase na programación formativa de AGAXECCA e está financiada pola Deputación da Coruña.