O Festival de Sisalde celébrase o próximo sábado 7 de Setembro (2019)

Será a terceira edición dun festival que a música é de raíz tradicional cunha gran romería popular. Doce horas de actividades musicales, culturales e ocio.

O festival de Sisalde presentouse o mércores 4 de setembro de 2019 no entorno da fraga de Sisalde nun acto que contou cunha pequena actuación de Dequenvensendo, un dos grupos que participará no certamen que se celebra o sábado 7 de setembro a partir das doce da mañá, organizado pola Concellaría de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo. que dirixe Patricia Amado. A concelleira destacou o obxectivo de recuperar o carácter das “romerías populares, onde se combinaba pasar un día en familia nun entorno natural e a música”.

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre e veciño de Arteixo, tamén destacou a calidade dos grupos participantes, sobre todo a presencia de Milladoiro, o gran referente do folk en Galicia. Creo que Sisalde converteuse no festival máis importante da comarca actualmente”.

O festival terá como parte ademáis de música de grupos como Milladoiro, os cántabros Cahórnega ou Kerkenai ofrecerá un percorrido pola artesanía do país e actividades para que os nenos disfruten do entorno único da fraga de Sisalde, que incluirán a posta en marcha dun antigo muiño para que os máis pequenos poidan ver como funcionaban estes antigos útiles de labranza.

Será unha xornada ateigada de música tradicional  na que participarán diversas agrupacións relacionadas coa cultura tradicional. Durante o Festival haberá outros divertimentos coma xogos para nenos, etnografía con visitas ao muíño de Sisalde, e varios postos de artesanía.

Patricia Amado destacou a colaboración tamén das asociacións de veciños de Chamín, Sorrizo e Barrañán que colaboran activamente co festival organizado polo concello de Arteixo.