Simón López: "os acordos do pleno hai que cumprilos"

"É a segunda medida proposta dende a agrupación socialista que o alcalde asume como propia nas últimas semanas", destaca Simón López, voceiro socialista
Simón López propuesta medianeiras urbanas
photo_camera Simón López, voceiro Psoe Arteixo

O Psoe de Arteixo aplaude que o goberno municipal adopte medidas que "forman parte do noso programa"

O Grupo Municipal Socialista demanda que se axilicen as xestións para poñer en marcha a moción aprobada do pleno de marzo para converter en arte
urbana as medianeiras dos edificios
. Ademáis, o goberno local anunciou que porá en marcha unha empresa pública que se encargue da xestión do abastecemento de auga e o saneamento. "É a segunda medida proposta dende a agrupación socialista que o alcalde asume como propia nas últimas semanas", destaca Simón López, voceiro do grupo arteixán. "O programa electoral do Psoe para as últimas elección municipais de Arteixo prevía, ademais, aproveitar os terreos urbanos baldíos de propiedade privada para mellorar o aparcadoiro", engade.

O portavoz valora positivamente que “o goberno do PP queira poñer en marcha, aínda que chegue tarde, algunhas das propostas que levamos moito tempo defendendo”. A bancada socialista confía en que estes anuncios do goberno municipal se poñan en práctica "canto antes e a súa execución non quede no caixón", tal como aconteceu con outras iniciativas. “Lembrámoslle ao PP que os acordos do pleno hai que cumprilos e non poden deixar pasar o tempo sen mover un dedo”, recalca López.

Unha das medianeiras para converter en arte urbano a proposta del Psoe Arteixo