Fallece el poeta y cantautor Antón Borrazás

En nombre de todos los “Nómadas”, grupo literario al que pertenecía, así le hablan y recuerdan dos de sus compañeros poetas...

Antón Borrazás, foto cecida por Movimiento Literario Nómadas

En nombre de todos los “Nómadas”, grupo literario al que pertenecía,  así le hablan y recuerdan dos de sus compañeros poetas.

Non abondan as verbas pra expresar como se sinte fenderse a terra neste intres. Ti non eras soamente un amigo, ti eras alguén moi especial, Antón, unha persóa singular, un mestre, un pai, un irmáo, un confidente e conselleiro, pacificador, unificador, argumentativo, loitador dos téus ideais, un home con principios, un poeta e cantautor, un artista grande e á vez un home sinxelo e humilde, un exemplo en moitas facetas. Grazas, por tanto que entregabas, dende o corazón, amigo meu.

Fernanda Hermida Garel (poeta y compañera en Movimiento Literario “Nómadas”).

Fuches a espertar a Artaygo e xa ficaches con el, agora a nosa fraga esta orfa da túa sombra, xa non cantan os paxaros nas túas polas e o seu silencio magóanos os tímpanos da alma, acérnanos as ás do espírito e abate o voo das palabras ledas.

Mentres nos seguimos camiñando pola terra mais fermosa e desgraciada do mundo, deixámoste na compaña dos irmáns ausentes, alí onde as cores das bolboretas son inmortais e o resón das palabras abalan o descanso merecido.

José Vázquez Liste (poeta y compañero en Movimiento Literario” Nómadas”).