Cepsa non recolle os residuos dos contenedores da Praza das Viñas

Cespa deixou hoxe, luns 25 de setembro de 2017, sen recoller os residuos dos contenedores da plaza das Viñas en Arteixo. Segundo fontes municipais o Concello remitirá unha nova queixa oficial o Consorcio das Mariñas polos constantes incumplimentos da empresa privada: falta de limpeza, non cumprimento da periodicidade do servizo, etc.

Os veciños de Arteixo abonan o Consorcio cerca de 2,7 millóns de euros anuais.  "O concello, din, non ve xustificado que unha empresa privada que cobra a 9 oncellos o recibo da basura máis caro de Galicia (126 euros) ofreza un servicio tan deficiente".  Desde o Concello extenden esta opinión o funcionamiento da xerencia do Consorcio, que ten practicamente como única actividade continua controlar a recollida dos resioduos, e, sen embargo, "non é capaz de acadar neste servicio uns mínimos niveis de calidade, xa sexa encanto a propia actividade de recollida diaria ou os niveles de reciclaxe, posto que unha gran parte dos residuos do consorcio estanse tirando en vertedoiros a ceo aberto, cos conseguintes perxuicios medioambientais".

A por un servizo público

Neste sentido, o concello de Arteixo continúa o proceso para convertir en público un servicio agora privado. Tras licitar o material necesario para municipalizar o servicio de recollida de residuos no 2018 (compra decontenedores e camións), aprobará un concurso público de empleo aberto a todos os cidadáns para dotar os 26 postos detraballadores municipaisnecesarios para asumir o servicio de recollida de residuos. Tamén baixará o recibo dos 126 euros anuais actuais a cen euros ou menos.

O novo plan de residuos propón a recollida nun modelo de cinco fraccións, que estarán físicamente situadas en isletas de cinco contenedores (será o primeiro concello en Galicia que o fai), que servirán para distribuir os

residuos en orgánicos, papel-cartón, vidrio, envases lixeiros e a denominada fracción resto, que incluirá os residuos que non entren nos descritos anteriormente o aqueles que non foran separados. Esta aposta do concello de

Arteixo reforzarase coa recollida selectiva e específica cun sistema de porta a porta para o comercio e a hostelería.