cca Arteixo: Innovación e renovación, claves para a consolidación do comercio

A sede de Arteixo CCA acolleu o Networking de innovación, renovación e consolidación comercial, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arteixo, a Federación de Comercio de A Coruña e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.

O obxectivo da iniciativa, que se desenvolve nas catro provincias galegas, é fomentar o emprendemento, o uso das novas tecnoloxías, a renovación e a consolidación comercial.

Trátase de transmitir información ó comercio sobre aspectos relacionados coa súa actividade: normativa, consumo, axudas, tecnoloxía, comercio electrónico, fidelización; etc. Dar a coñecer as ferramentas disponibles e aportar medios para que o sector acade a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promoción e venda, distribución, fidelización e o coñecemento do consumidor.

O taller contou coa asistencia da presidenta de Arteixo CCA, Silvia Cupeiro; o seu homólogo na Federación Galega de Comercio, José María Seijas; o presidente da Federación de Comercio de A Coruña, Miguel Agromayor; e os técnicos da Federación, Carmen Pérez e Jose S. Vázquez.