Exposición "The City" de Antón Varela no CCC Arteixo

Hoxe luns, 23 de Abril, estrease na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo a exposición fotográfica The City de Antón Varela.

A mostra componse de 35 fotografías da "cidade que nunca dorme": New York. A través das imaxes, Varela quere amosar o espectador, a visión contrastada entre a tradición e a modernidade, a orde e o caos, a beleza e a fealdade... Un resumo en fotografías da alma da cidade de New York.

A traxectoria de Antón Varela estivo sempre vencellada o mundo gráfico e audiovisual. Por vinte anos, formouse e traballou en diversos eidos da fotografía, o audiovisual e o deseño, como son: o deseño web, deseño editorial, identidade corporativa ou publicidade entre outros. Sendo sempre a fotografía unha das súas paixóns.

Dende o 23 de Abril ata o 4 de Maio a exposición permanecerá aberta en de luns a venres en horario de mañá (10:30-14:00) e tarde (16:30-20:00) e os sábados, en horario de mañá (10:30-14:00)