Reciclaxe e xestión de residuos no XVI Certame de Fotografía Ambiental

Nesta edición, a temática das fotografías estará centrada na promoción na reciclaxe e unha xestión responsable dos residuos do Concello de Arteixo. Así, o xurado valorará positivamente aqueles traballos que mellor difundan os valores da reciclaxe, a separación axeitada e a reutilización dos residuos.

O XVI Certame de Fotografía Ambiental está aberto a todas as persoas que queiran participar e poderán facelo cun máximo de dúas fotografías. A data límite para a entrega das obras será o venres día 1 de xuño de 2018. 

As fotografías presentadas serán expostas dende o 18 ata o 29 de xuño na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo e a entrega de premios levarase a cabo o 22 de xuño no CCC de Arteixo. O xurado estará conformado por persoal con coñecemento en fotografía, medio ambiente e turismo.

Haberá cinco premios que contarán cun presuposto total de 1.800 euros divídonse da seguinte maneira:

1ºPremio Xeral: 500 euros

2º Premio Xeral: 400 euros

3º Premio Xeral: 300 euros

Mellor Fotógrafo/a local: 300 euros (persoas empadroadas sen límite de idade)

Mellor Fotógrafo/a local novo/a: 300 euros (persoas empadroadas menores de 16 anos)

Máis información e inscripcións, aquí