O PSOE de Arteixo esixe a creación dun "verdadeiro Plan de Mobilidade"

O Grupo Municipal do PSOE solicita o Grupo de Goberno do PP a creación dun verdadeiro Plan de Mobilidade para os núcleos urbanos de Arteixo. Esixen que dito Plan actúe nas mallas urbanas do concello e faga posible a comunicación peatonal coa seguridade  e facilidade para aquelas persoas que teñen máis dificultade na súa mobilidade, para a veciñanza con capacidades diferentes, familias con carritos e as persoas de terceira idade.

Dende o PSOE de Arteixo, expoñen que "no ano 2018 nun concello con posibilidades inversoras non podemos permitirnos o luxo de ver como os nosos núcleos son cárceres para aqueles que teñen máis dificultades para moverse, cómpre que calqueira cidadán do noso concello poida ir á compra, a tomar un café, o noso centro de saúde ou a facer un trámite administrativo sen que as barreiras poñan en perigo a súa integridade física.

O voceiro Socialista, Martín Seco, declara que “para saír da cómoda posición que viven os concelleiros do PP, invita o Grupo de Goberno a saír da Casa do Concello e tratar de chegar o Alto de Arteixo pola Baiuca, de chegar ata Candame pola Travesía de Arteixo, de ir o novo desenvolvemento comercial de Gundín, de achegarse cara a zona das repúblicas ou de ir ata o ambulatorio sen ter que recorrer un laberinto da rúas e xogarse a vida en cada rincón”

Manifestan ademáis que nestes sete anos de goberno do Partido Popular,  foron "moitas as ocasións que o Grupo Socialista pide o PP sentarse a desenvolver un verdadeiro proxecto de mobilidade para os núcleos de Meicende, Vilarrodís, Pastoriza ou Arteixo e facelo pensando naqueles que máis dificultades teñen para moverse: maiores, nenos, xente con problemas de mobilidade e familias con carritos". Ante iso, din "o Grupo de Goberno semella estar máis cómodo nun urbanismo pensado para uns poucos que para dotar os nosos cidadáns dun modelo de desenvolvemento pensado para todos". Reclaman que " o PP faga un esforzo por actuar sen demora na mobilidade urbana o mesmo tempo que actuamos na mobilidade dos nosos núcleos rurais e a necesaria capacidade de poder camiñar con seguridade nas nosas parroquias"