“O comercio local da vida os pobos, dinamizamos e damos vida as rúas”

Os avances en tecnoloxía e a chegada de aparatos cada vez máis intelixentes están a mudar a vida da xente. Non se trata só de teléfonos intelixentes senon tamén de televisores, aspiradores e mesmo aparatos intelixentes para a nosa cociña.

Desta nova oleada de aparellos son moi conscientes en Tien 21 Arteixo. Dende o ano 2009 están presentes en Arteixo para ofrecer a cidadanía non só eses aparellos eléctricos senon tamén o asesoramento necesario para facer a mellor elección.

Dende xaneiro ocupan unha nova ubicación, na que como di Víctor Castro de Tien 21 Arteixo,  “están moi contentos” e na que notan ademáis unha subida de vendas “para as aforas e arredores de Arteixo”.

Para o inicio no novo local fixechedes unha Gran reapertura con premios, como xurdiu a idea e que éxito tivo? A idea xurdiu para agradecer os clientes a sua fidelidade para con nós e tratar de chamar un pouco a atención e que a xente vise a posibilidade de que por calquera compra, por pequena que fose, podía levar un premio tan chamativo como foi a led Samsung Curva de 49”. Aínda que o resto dos premios tamén eran bastante interesantes. O éxito foi bastante pois tiñamos 1.000 rifas para que o cliente anotase os seus datos e sobraron apenas 100. 900 rifas en menos de un mes que durou a campaña.

Como está a ser a acollida na nova ubicación? Moi boa, estamos bastante contentos co cambio. A pesar de que os meses despois de xaneiro sempre son moi pobres, aquí nótanse menos. Sobre todo o que máis notamos foi a subida das vendas para as aforas e arredores de Arteixo.

Que melloras tedes na nova ubicación? Produto temos  un pouco menos que antes. Agora temos menos aglomeración e reducimos exposición pero nos centramos no que a xente máis demanda. Procuramos seleccionar os produtos máis interesantes sempre coa mellor relación calidade/prestacións/prezo. A tenda é máis moderna, máis vistosa, con moita máis iluminación… O cambio foi o mellor que puidemos facer. A mudanza e o arreglo do actual local dou bastante traballo pero o final mereceu moito a pena.

Que importancia ten o comercio local para Arteixo e que vantaxes ofrece a cidadanía? O comercio local da vida os pobos, dinamizamos e damos vida as rúas. Unha rúa con locais baleiros da  sensación de abandono. Só hai que ver casos de rúas da Coruña, que nalgún momento era o lugar onde estaba a vida e agora parecen zonas fantasma.

Estamos case entrando no verán, cales son as demandas da clientela? No verán adóitase animar o mercado, coa venda de artigos para mellorar o noso aspecto físico como poden ser depiladoras, rasuradores corporais, cortapelos e demais aparatos. Despois o verán se ven como debería, pois véndese bastante frigorífico, ventiladores e algún climatizador que nos axudan moito a pasar os días de máis calor. Para sitios de praia, adoitan alugarse máis pisos e véndese un pouco de todo. Dende lavadoras ata lavalouzas pasando por campanas extractoras ou fornos. Neste caso a xente como é para alugar, normalmente van a artigos de primeiro prezo, do cal sempre temos algo para dar servizo a estas demandas.

Hai diferenzas entre o que buscan os maiores e os mozos? Basicamente buscan o mesmo pero con máis ou menos prestacións. Os novos e os maiores mercan televisores pero os novos sempre con SMART TV e os maiores, depende do caso. Algo que si vendemos bastante diferenciado para novos e non tan novos son os teléfonos. Os máis novos sempre Smartphone e os maiores nun 95% son teléfonos móviles normais, o típico de tapa. É algo que vendemos moito e temos bastante surtido.

Cales son as novidades máis importantes nos electrodomésticos? Sobre todo o máis importante é o baixo consumo, tanto de corriente como de auga. Un pequeno exemplo do pouco que consume un aparello son os lavalouzas de hoxe en día que son capaces de lavar ata 14 servicos con só 7 litros de auga. Outra cousa importante é o intelixentes que son a día de hoxe os aparellos. Cada vez máis están a chegar as nosas vidas smartphones (teléfonos intelixentes), smart tv (televisores intelixentes), smart bots (robots aspiradores intelixentes) que o que conseguen é, na maioría das veces, facernos a vida máis sinxela.

Que son os electrodomésticos responsables e que vantaxes teñen? Chamámoslle electrodomésticos responsables os de baixo consumo sobre todo, responsables co medio ambiente que miran polo ben do planeta e polo noso bolsillo. A diferenza de consumo dun frigorifico de ser A+ a ser A+++, é de ata un 50% de aforro. A clientela é tamén máis consciente do coidado do planeta e, máis aínda, cando nos toca o bolsillo.

Como está a modificar a vida cotiá da xente os avances en tecnoloxía? Cada vez máis. Sobre todo os aspiradores robot. Hai unha gran variedade de marcas dende a coñecidísima Roomba, pasanso por LG, Neato, Ecovacs e moitas outras. Outro aparato que facilita bastante a nosa labor na cociña son as olas eléctricas programables. Son aparellos moi sinxelos de funcionar con eles que quitan un montón de traballo e a un prezo para todos os bolsillos, dende 54,90€ xa os temos.