O concello de Arteixo firmou hoxe o convenio para subvencionar os comedores escolares

A inversión supera os 33.000 euros e canalízase a través das asociacións de pais e nais dos centros escolares

O concello de Arteixo a través da concellería de Educación que dirixe Celina Varela e coa presencia do alcalde firmou hoxe os convenios de colaboración coas Asociacións de Nais e Pais dos colexios de Educación Infantil e Primaria para a xestión e organización dos comedores escolares dos centros de ensino.

Con esta iniciativa, á que se destinan 33.750 €, a entidade municipal contribúe, por un lado á conciliación da vida familiar e laboral das familias e por outro a diminuir os custos que os usuarios teñen que pagar por empregar o servizo de comedor escolar durante o almorzo, xantar ou merenda.

As entidades beneficiarias foron:

 ANPA Ponte dos Brozos do CEIP Ponte dos Brozos

 ANPA CEIP Arteixo do CEIP Arteixo

 ANPA Manuel Murguía do CEIP Galán

 ANPA A Gaivota do CEIP San Xosé Obreiro de Meicende

Axudas a escolares

Á parte destes convenios coas ANPAS, no que vai de curso 2017-18, o concello de Arteixo destinou cerca de 240.000 euros en axudas directas os escolares do municipio, entre as becas de comedor e as de mobilidade. Foron máis de 600 axudas as beneficiadas, Ata o de agora as axudas foron concedidas a través as axudas para a compra de material escolar –estas axudas sitúanse entre os 90 e os 190 euros por escolar según a renta familiar-, as axudas directas e individuais para comedores escolares, e as axudas a mobilidade para aqueles estudantes de Arteixo que se teñan que desplazar fora do término municipal para desenrolar os seus estudios. “É moi importante reforzar o gasto en servicios básicos coma a educación. Os pais e nais deben ter a posibilidade de ofrecer os seus fillos a mellor educación posible. De aí a nosa aposta por introducir axudas para os alumnos de Arteixo”, explicou o alcalde Carlos Calvelo sobre este tema.

Aportación a las guarderías Galiña Azul

O concello tamén acaba de facer efectiva a súa contribución o coste das prazas das dúas garderías Galiña Azul que a Xunta xestiona en Arteixo -a terceira gardería é de xestión municipal e os gastos lque asume o concello totalmente. As dúas garderías -unha situada en Pastoriza e outra no núcleo de Arteixo construida pola Fundación Amancio Ortega recibirán un total de 86.000 euros destinados a sufragar unha parte do coste total que teñen as prazas dos nenos que acuden a elas.