Concurso homenaxe a Rosalía de Castro

A Concellería de Cultura, en

coordinación coa Rede Municipal de Bibliotecas, organiza un concurso poético

homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do día da súa figura, o 24 de febrero de

2019.

No concurso pode participar toda a rapazada

alumna de Educación Primaria matriculados nos cursos 4º, 5º e 6º. 

+ información: Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" 981 659108 en horario de atención ao público ou no correo electrónico [email protected].

As bases do concurso son:

1.- Para o alumnado dos colexios de Arteixo que cursen 4o,

5o e 6o de Educación Primaria.

2.- O tema da poesía é libre e a extensión, limitada a un

máximo de 30 versos. O idioma poderá ser galego ou castelán.

3.- Haberá 3 niveis, un por cada curso proposto, con dous

premios en cada un. Darase un premio extra consistente nunha Tablet que será

para o elixido entre os premiados. Os premios serán lotes de libros.

4.- A data máxima de recollida de traballos é o día 14 de febreiro de 2019 na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”.

5.- O xurado estará composto por membros do Club de Lectura

da Biblioteca Central.

6.- A entrega dos premios realizarase o día 23 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca Central. Ese día acudirán 4 finalistas de cada nivel que declamarán as súas poesías, sendo o xurando que reparta os premios.