Programa deportivo de verán 2019

Na época de verán a Concellería de Deportes renova o seu compromiso de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo. O obxectivo é promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais escolares, a Concellería de deportes a través deste programa continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais. A partires do 1 de xuño poderán facerse as inscricións nas diferentes actividades propostas.

Ofértanse 2.292 prazas nas actividades deportivas correspondentes.

Empezaranse tanto campus e campamentos como cursos para o aprendizaxe de novos deportes. A principal finalidade é a diversión que pode xenerar tanto os deportes que sempre quisiste practicar como os que practicas a diario.

Más en Deportes