Asteria Comida Real, Arume Arpado e Viñoteca O Refuxio gañan o Concurso «de Tapas por Arteixo»

De Tapas por Arteixo
photo_camera De Tapas por Arteixo

O 23 de xullo de 2019 fíxose entrega dos premios da última edición do tradicional concurso gastronómico «de Tapas por Arteixo», organizado polo Centro Comercial Aberto de Arteixo.

Dos tres premios que se entregaban, un, o do xurado profesional, recaeu con empate sobre o Arume Arpado e a Viñoteca O Refuxio. O premio do xurado popular foi entregado ao Asteria Comida Real. O Arume Arpado, ademais, gañou tamén o premio ao mellor servizo de sala.

Os propietarios dos locais asistiron á recollida de premios na Viñoteca O Refuxio, á que tamén acudiron tenete alcalde Jose María Novo e a concelleira de Promoción Económica Patricia Amado, que lles fixeron entrega dos diplomas.

O CCA de Arteixo, da man do seu xerente, Emiliano Cossini, tamén fixo entrega dos talonarios por valor de 300€ en total a distintos membros do «xurado popular» seleccionados ao azar; clientes que co seu voto elixiron a mellor tapa e o mellor servizo.

Ademais, Distribucións Cotelo, patrocinador do Concurso de Tapas, entregou 6 caixas de viño entre os votantes do concurso e 4 botellóns magnum, dos viños Torre Lamoreira, Marqués de Cáceres e Marqués de Vizhoja. E BeOne Arteixo entregou tamén un vale trimestral para asistir ás actividades do Centro Deportivo.