Convocados os plans de formanción do profesorado

O profesorado pode hacer a preinscrición ata o 27 de setembro de 2019 e a presentación de solicitudes está aberta ata o 8 de outubro de 2019
CEIP de Arteixo, foto consellería Educación Xunta de Galicia
photo_camera CEIP de Arteixo, foto consellería Educación Xunta de Galicia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar nos seus centros públicos no curso 2019/20.

O obxectivo é actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes, necesarias para responder aos retos educativos actuais, impulsando a súa aplicación e desenvolvemento na aula, e buscando a excelencia educativa e a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.

Esta convocatoria está dirixida ao profesorado de centros públicos que imparta Primaria, ESO ou Bacharelato. A preinscrición pode facerse ata o 27 de setembro de 2019 e a presentación de solicitudes está aberta ata o 8 de outubro de 2019.

Cada centro realizará a solicitude a través da aplicación FProfe.

Además, tanto durante o proceso de solicitude como ao longo de todo o desenvolvemento do plan (cuxa duración oscila entre dous e catro cursos académicos) o centro recibirá o apoio da rede de formación dependente do Consellería, a través dun asesor de formación asignado que guía este proceso e que se encarga de organizar as distintas xornadas de formación e de poñer en contacto aos centros cos relatores que lles interesen.

A convocatoria artéllase arredor de 11 liñas de traballo, entre as que se sinala como prioritaria a de Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.

Ademais desta liña os plans de formación do profesorado poderán abordar:

  • a planificación estratéxica das linguas no centro,
  • a integración didáctica das TIC,
  • a escola inclusiva e atención á diversidade,
  • a convivencia escolar e clima da aula,
  • a actualización científica e didáctica do profesorado,
  • a mellora da xestión dos centros, os programas europeos e internacionais,
  • a biblioteca escolar,
  • as iniciativas formativas no ámbito STEM e
  • a orientación vocacional e profesional