Auto-Arteixo despide un agosto de ocasión

Auto-Arteixo celébrase os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro (2019) na Esplanada do Campo da Festa. É unha nova edición da Feira de Vehículos de Ocasión
Auto-Arteixo se celebra en Arteixo el último fin de semana de agosto
photo_camera Auto-Arteixo se celebra en Arteixo el último fin de semana de agosto

Auto-Arteixo celebra unha nova edición na última fin de semana de agosto, os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro (2019). Este fin de semana terá lugar unha nova edición da Feira de Vehículos de Ocasión Auto-Arteixo, na Esplanada do Campo da Festa.

Cun horario de 10 h da mañá a 21 h o venres e sábado, e de 11h a 20.30h o domingo, na Feira haberá máis de 150 coches de diversa gama a prezos excepcionais, para que calquera persoa que queira adquirir ou renovar o seu vehículo non se vaia daí sen opcións.

"Para esta edición búscase atraer a público de comarcas veciñas, e dende a entidade organizadora, o Arteixo CCA, e os propios expositores, se está a facer un grande esforzo coa intención de convertir a Feira de Auto-Arteixo nun referente do motor na zona metropolitana da Coruña", comentan os organizadores.

Esta feira enmárcase na campaña de #ODerradeiroSábado organizada polo Arteixo CCA, pola que a asociación de comerciantes e hostaleiros busca "dinamizar a nosa vila e xerar hábitos de consumo entre os e as arteixás", apuntan.