O CEIP Ponte dos Brozos e IES de Pastoriza no Club de Ciencia

O ‘Club de Ciencia’ e unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o presente curso 2019/20
DAVID (( AGN )) 11,00 h.-       A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitará o IES Luís Seoane (rúa Luxemburgo, 1. Monte Porreiro).    , lunes, 2 dic · 11:00–12:00
photo_camera DAVID (( AGN )) 11,00 h.- A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitará o IES Luís Seoane (rúa Luxemburgo, 1. Monte Porreiro). , lunes, 2 dic · 11:00–12:00

O CEIP Ponte dos Brozos e IES de Pastoriza no Club de Ciencia. Un total de 55 centros educativos públicos da provincia da Coruña (12 de nova incorporación este ano) desenvolven durante o presente curso 2019/20 o ‘Club de Ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.

Este é o cuarto ano consecutivo que se pon en marcha esta

iniciativa que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital,

Edudixital 2020, e que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9

centros, un número que se foi incrementando desde entón. Agora, ao abeiro da

convocatoria deste ano, incorpóranse outros 30 novos centros ao ‘Club de

ciencia’, o que fai un total de 119 centros de ensino público en toda Galicia

(55 da provincia da Coruña, 13 de Lugo, outros 13 de Ourense e 38 de

Pontevedra), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode

consultarse no Portal educativo.

Os clubs, 119 en toda Galicia, para os cales a Consellería destina 1.250 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.

O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico

e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das

áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha

das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemas

O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe

non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren

diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes

podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver

problemas.

O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o presente curso. O CEIP Ponte dos Brozos e IES de Pastoriza, xa no Club de Ciencia.