Deportistas del CNA participan no Campionato Galego Alevín

O xoven equipo alevín do CNA participa na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela dende o sábado pola mañán ata o domingo pola tarde

O xoven equipo alevín do Club Natación Arteixo (CNA), participa esta fin de semana no Campionato Galego de Inverno. O torneo, será na Piscina de Santa Isabel en Santiago e constará de catro sesións, dende o sábado pola mañán ata o domingo pola tarde.

Na oportunidad, asisten un total de doce deportistas alevín, oito nadadores e catro nadadoras que participarán nun total de 38 probas individuais e 6 remudas. Este campionato é a primeira cita importante para este equipo que, na Liga Territorial, están nadando a moi bo nivel.

Paula Otero e Antía Gómez

Por outra banda, as nadadoras Paula Otero, de categoría Junior e Antía Gómez, de categoría Infantil, acaban de ser seleccionadas pola Federación Galega de Natación para participar no Campionato de España de CCAA que se celebrará os vindeiros 15 e 16 de febreiro en Canarias. Paula asistirá directamente dende Sierra Nevada, onde está asistindo a unha concentración co Equipo Nacional Junior dende o pasado domingo.

Ademais, e de destacar que a vida competitiva do Club arteixán está a tope, xa que tamén encabezan a clasificación da Liga Absoluita de 2ª División. Haberá que estar atentos ás noticias que nos vaian dando os nadadores e nadadores do Club Natación Arteixo.

Alba Gómez y Paula Otero seleccionadas para el Campeonato de España de CCAA de Canarias

Más en Deportes