O prazo para envío de orixinais para o 29º Certame de Narración Breves Manuel Murgúia terminará o 29 de febreiro de 2020. As bases foron anunciadas no mesmo acto no que se presentou o libro “A secreta melancolía da garza”, colectánea dos relatos gañadores nos tres anos precedentes.
Arredor do libro “A secreta melancolía da garza”, con relatos vencedores nos tres anos anteriores no Certame, foi establecida unha tertulia que contou coa presenza de José António Lozano e Tiago Alves Costa, autores do libro, do Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, do deputado de Cultura da Deputación da Coruña Xurxo Couto e do escritor Xavier Alcalá, que representou á Editorial Galaxia e oficiou como mestre de cerimonias. No mesmo acto, o director literario do Certame Alfredo Ferreiro, fixo públicas as bases da 29ª edición do certame. A autora Mercedes Leobalde non puido asistir en última instancia por motivos persoais.
Resumo das bases
Os relatos de entre 15 e 30 páxinas, deben ser orixinais e inéditos (non publicados nin publicitados por ningún medio, físico nin dixital) escritos en lingua galega, enviados con pseudónimo e só contendo os datos persoais nun sobre fechado (cf. bases oficiais do Certame) até o 29 febreiro de 2020).
Os premios: O primeiro de 4.000 euros; o segundo de 1.500 euros e o terceiro de 600 euros todos eles sometidos á correspondente retención. Os relatos poderán ser publicados nunha edición colectiva.
Máis información sobre as bases: telefonar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org. Consultar bases completas en este enlace

Discussion about this post