lunes, marzo 8, 2021
  • Sobre nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
  • Login
✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
Sin Prensa
Toda la prensa
E Diario de Arteixo
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Más noticias Cultura

Ana Pontón, presentou a súa candidatura ás eleccións galegas

enero 20, 2020
in Cultura, Más noticias, Política
0
Ana Pontón, presentou a súa candidatura ás eleccións galegas
8
COMPARTIDA
39
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Nun acto multitudinario que convocou en Santiago a cerca dun millar de responsables políticos e militancia de base, a portavoz nacional, Ana Pontón, do BNG, presentou onte a súa candidatura ás eleccións galegas co reto de “facer historia” e ser o referente da maioría social que quere un cambio real e lograr unha Presidencia da Xunta liderada por primeira vez por unha muller e por unha nacionalista.

Un nutrido grupo de asistentes tivo que quedar na rúa nun auditorio desbordado, o que fixo necesario que a candidata, micro en man e subida a unha caixa, lle dirixise unhas palabras que foron recibidas ao grito de “presidenta, presidenta”.

“Que ninguén o dubide, imos facer historia, imos deixar atrás esta década gris e abrir un tempo novo da man do BNG”, arrancou Pontón a súa intervención, na que agredeceu o entusiasmo e o apoio da militancia. “É unha honra e unha enorme responsabilidade coa cidadanía que quere un cambio de rumbo, un compromiso coas persoas que están a mirar cara nós, coas que nos votaron e coas que nos ven como a mellor opción para o cambio real”.

“A súa candidata”

“Quero dirixirme a esa maioría social para dicirlle que vou ser a súa candidata, desa maioría que ama este país, que sabe que o desenvolvemento económico e social non pasa por máis submisión a Madrid, senón por máis Galiza. Quero ser a candidata da Galiza dinámica e traballadora, que sabe que o futuro pode ser mellor se confiamos en nós mesmas e non nos resignamos á lenta decadencia á que nos condenan as políticas centralistas. A esa maioría quero dicirlle que ten sólidos motivos para confiar e ilusionarse co BNG”, apelou Pontón.

Con ese obxectivo de liderar o cambio real á década de Feixóo, a candidata á Presidencia deixa claro que o Bloque vai a por todas, porque o país precisa moito máis que un mero cambio de caras para seguir coa mesma política de submisión centralista baixo un verniz “progre”.

“Son consciente de que o reto que temos entre mans é lograr unha auténtica revolución: conseguir que Galiza teña, por primeira vez na súa historia, unha muller e unha nacionalista na Presidencia. Por que non? Acaso vaille ben a Galiza con tantos presidentes de forzas subordinadas a Madrid? Non, non nos vai ben. Iríalle mellor a Galiza cunha presidenta nacionalista, si ou non?”, interpelou a un auditorio que respondeu á pregunta cunha ovación, e a que seguiu unha contundente declaración de intencións.

“Non saímos a xogar medio partido, saímos a gañar o primeiro e o segundo tempo, con ilusión, con decisión e sen poñernos límites, porque os galegas e as galegas nin esperan nin merecen menos do BNG”. Derrotar ao PP nas urnas non chega, insistiu, aí que ir máis aló porque as vindeiras eleccións non poden limitarse a ser “unha alternancia” do bipartidismo español, pois as forzas estatais coinciden na súa discriminación co país.

Ni pitufo gruñón, nin selfies na Moncloa

“Este país non necesita nin un presidente na trincheira da falsa confrontación, -en relación a un Feixóo en modo pitufo gruñón, ironizou-, que usa Galiza para facer méritos ante os seu xefe de Madrid, nin un presidente que se fai selfies co inquilino da Moncloa mentres xustifica a discriminación cos mesmos argumentos de sempre. Galiza está farta deste bucle no que PP e PSOE intercambian papeis para manter o agravio. É hora de dar un xiro de guión, é hora de que Galiza teña unha presidenta nacionalista sen mais obediencia que aos galegos e ás galegas”, salientou a líder do Bloque.

Por iso, a cita coas urnas é a oportunidade de abrir un tempo novo que deixe atrás esa dinámica e puxo como como contrapunto a capacidade do Bloque para facer valer os intereses do país, como ven de demostrar no acordo de investidura.

Rachar coa submisión

“As vindeiras eleccións van de construír país, van de programas, de propostas, de solucións para o noso futuro colectivo, de rachar coa submisión, de que Galiza se faga valer e avance cara un futuro mellor. Van de dignidade”, proclamou. E para iso está o BNG, unha forza cohesionada e solvente, cun proxecto de país, con ideas e con capacidade de gobernar”.

“Sabemos de onde vimos e sabemos cara onde queremos ir, os galegos e galegas poden confiar no Bloque porque temos un proxecto de país solvente, autocentrado e inclusivo, e capacidade para levalo adiante. Sabemos gobernar”, insistiu, destacando o papel dos gobernos municipais.

Por iso, a alternativa para abrir un tempo novo para poñer Galiza en marcha é o BNG. “Se tomamos as rendas do noso destino, vexo un país onde se acabe co o espolio enerxético, que blinde os servizos públicos, que derruba o muro do centralismo, que aposta pola ciencia e a investigación, os estaleiros coas gradas cheas, montes produtivos e rías saneadas. Vexo a unha mocidade con esperanza, que sabe vai ter salarios dignos e oportunidades aquí, un país mulleres libres, empoderadas, un país que defende a súa lingua, a súa cultura con orgullo”, concluíu al presentar súa candidatura.

Noticias Relacionadas

Tags: sociedad
⬅ Noticia Anterior

Bolsa de emprego para técnica/o de administración xeral do Concello

Siguiente Noticia ➡️

Garantizan acceso a internet en áreas menos pobladas para este año y 2021

Redacción El Diario de Arteixo

Redacción El Diario de Arteixo

Siguiente Noticia ➡️
Garantizan acceso a internet en áreas menos pobladas para este año y 2021

Garantizan acceso a internet en áreas menos pobladas para este año y 2021

Deja un comentario: Cancelar respuesta

El Diario de Arteixo

  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Salud
  • Deportes

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de Arteixo en Youtube
  • El Diario de A Laracha

Contacto

  • Contacto con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • Arteixo Hoy
  • Noticias de Arteixo
  • Noticias de Armentón
  • Noticias de Barrañán
  • Noticias de Lañas
  • Noticias de Larín
  • Noticias de Loureda
  • Noticias de Meicende
  • Noticias de Monteagudo
  • Noticias de Morás
  • Noticias de Oseiro
  • Noticias de Pastoriza
  • Noticias de Sorrizo
  • Noticias de Suevos
  • Noticias de Villarrodís
  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Salud
  • Más noticias
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Arteixo
  • Cultura
  • Economía
  • Ocio
  • Galicia
  • Video
  • Noticiero
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Utilizamos cookies para darte la mejor experiencia en nuestro periódico.

Puedes informarte más sobre las que utilizamos en El Diario de Arteixo o desactivarlas en los AJUSTES.

El Diario de Arteixo | Noticias y entrevistas de actualidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de periódico posible. La información se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del periódico encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies