O PSOE de Arteixo renova a súa Comisión Executiva Municipal

A Asemblea local aprobou por unanimidade a renovación da Comisión Executiva Municipal do órgano encargado de dirixir a política diaria do partido

A Asemblea Local do Partido Socialista de Arteixo aprobou onte por unanimidade a renovación da Comisión Executiva Municipal do partido, o órgano encargado de dirixir e coordinar a actividade política diaria do partido. A Asemblea tamén aprobou o informe de xestión do ano 2019 da Executiva saínte, así como o Plan de Traballo da nova executiva, a executar durante este 2020.

O Secretario Xeral, Simón López, quere agradecer o traballo e a dedicación altruísta destes dous anos (e nun momento complicado para facer política) aos compañeiros que se retiran: a ex-secretaria de Política Municipal, Blanca, e a vogal Ana Fuentes.

Tamén aproveita para felicitar aos compañeiros que se acaban de incorporar: Tamara Figueroa como Secretaria de Organización, José Luis Alonso como Secretario de Política Municipal, e Patricia Boedo, Julio Iglesias, Nicolás Méndez e Rosario Figueiras como vogais. A compañeira Susana Lebón pasará a desenrolar as funcións de Vicesecretaria Xeral.

Nova Comisión Executiva Municipal :