viernes, enero 22, 2021
  • Sobre nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
  • Login
✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Cultura
    • Economía
    • Galicia
    • Ocio
    • Salud
    • Xunta de Galicia
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Cultura
    • Economía
    • Galicia
    • Ocio
    • Salud
    • Xunta de Galicia
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
Sin Prensa
Toda la prensa
E Diario de Arteixo
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Más noticias Concello de Arteixo

A Deputación aproba actualizar o barómetro de xestión municipal

marzo 2, 2014
in Concello de Arteixo
0
0
COMPARTIDA
15
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

pleno-diputacion-febrero-webO pleno da Deputación da Coruña aprobou na súa sesión ordinaria do mes de febreiro,  a firma dun convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para financiar os traballos de investigación, “Aplicación do índice de cobertura dos servizos municipais á actualización dos sistema de indicadores de calidade dos servizos municipais e de vida en xeral nos concellos da provincia da Coruña e análise dos complementos económicos dos índices de cobertura dúas servizos municipais (fase 2014)”.

O acordo recolle unha partida de 120.000 euros, o que supón o 80% dun investimento total (150.000 euros) co que se afrontará o pago dos gastos de   dirección e coordinación do estudo, o equipo técnico e o material, así como os traballos de campo (recollida de datos non publicados), as enquisas e os modelos informáticos de tratamento de datos.

O obxectivo final é actualizar o Barómetro de Xestión Municipal (BXM) e desenvolver un indicador sobre o impacto do investimento público nos Índices de Cobertura de Servizos Municipais. Este índice permite avaliar de forma comparativa aos concellos interpretando a posición de cada un deles comparándoos con outros do seu mesmo rango poboacional.

Así, dos 93 municipios da provincia 12 de menos de 2.000 habitantes, 29 de entre 2.001 e 5.000 e os que máis abundan, 48 concellos,  os que teñen entre 5.001 e 20.000. Ademais hai 8 de entre 20.001 e 50.000 e só tres que superan esta cifra.

Por áreas

O estudo ao que o pleno decidiu dar respaldo abarca 16 áreas de análise dende a xestión administrativa e o emprego ata os servizos sociais e a sanidade, pasando polo urbanismo e os equipamentos culturais e deportivos, entre outros.

Este traballo supón dar un paso máis de cara á boa xestión dos recursos que a institución provincial pon ao dispor dos concellos porque conecta a información extraída dos índices de cobertura e os niveis de satisfacción cidadá co rendemento das actuacións da Deputación.

Plan de Vías Provinciais 2014

Por outra banda, o pleno da Deputación da Coruña tamén deu luz verde ao investimento de 1.709.184,56 euros da primeira fase do Plan de Vías Provinciais 2014, co que afrontar a ampliación e mellora do trazado da CP0810 no concello de Bergondo ao seu paso por Guiliade entre o punto quilométrico 0 e o 0,480. Así mesmo, reformarase a Ponte de Santa Lucía entre Santiago e Vedra entre o punto quilométrico 8,13 e o punto quilométrico 10,37.

A primeira obra conta cun investimento de 410.147,90 e permitirá ampliar a plataforma actual, que ten un ancho de cinco metros e que carece de beirarrúas. Agora pasará a estar formada por dous carrís de tres metros e medio, con zona de aparcadoiro de dous metros e medio, e beirarrúas de 1,8 metros de ancho. Naqueles lugares onde sexa imposible reservar espazo para o aparcamento  habilitaranse beiravías de cincuenta centímetros.

A obra inclúe ademais a  instalación de toda a rede interior de augas pluviais en PVC e a instalación dun colector por rúa que discorre pola zona de aparcadoiro. Por último, tamén se instalará unha ponte prefabricada sobre a liña de ferrocarril.

Pola súa banda, a reforma da Ponte de Vedra ascende a 1.299.036,66 euros que permitirán mellor a seguridade viaria da zona coa construción dun ancho de plataforma de nove metros. Ademais, sobre o río Barranqueira, aproximadamente no punto quilométrico 8,200, construirase unha nova ponte, paralela á existente, con 12  metros de ancho e beirarrúas para o tránsito de peóns.

Tamén neste caso se intervirá sobre a tubaxe interior, neste caso para sustituir a rede de abastecemento nun tramo duns 55 metros, así como as cometidas domiciliarias. Por último, e segundo as necesidades, nalgúns puntos do tramo construirase unha nova rede de drenaxe de augas pluviais cos seus correspondentes sumidoiros e pozos de rexistros.

Fuente: Deputación A Coruña

Noticias Relacionadas

⬅ Noticia Anterior

El Hada Azul pone brillo y magia a cada ocasión

Siguiente Noticia ➡️

Emerxencias alerta dun temporal costeiro e de vento

Redacción Diario de Arteixo

Redacción Diario de Arteixo

Siguiente Noticia ➡️

Emerxencias alerta dun temporal costeiro e de vento

Discussion about this post

El Diario de Arteixo

  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Salud
  • Deportes

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de Arteixo en Youtube
  • El Diario de A Laracha

Contacto

  • Contacto con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • Arteixo Hoy
  • Noticias de Arteixo
  • Noticias de Armentón
  • Noticias de Barrañán
  • Noticias de Lañas
  • Noticias de Larín
  • Noticias de Loureda
  • Noticias de Meicende
  • Noticias de Monteagudo
  • Noticias de Morás
  • Noticias de Oseiro
  • Noticias de Pastoriza
  • Noticias de Sorrizo
  • Noticias de Suevos
  • Noticias de Villarrodís
  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Salud
  • Más noticias
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Arteixo
  • Cultura
  • Economía
  • Ocio
  • Galicia
  • Video
  • Noticiero
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Cultura
    • Economía
    • Galicia
    • Ocio
    • Salud
    • Xunta de Galicia
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Utilizamos cookies para darte la mejor experiencia en nuestro periódico.

Puedes informarte más sobre las que utilizamos en El Diario de Arteixo o desactivarlas en los AJUSTES.

El Diario de Arteixo | Noticias y entrevistas de actualidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de periódico posible. La información se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del periódico encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies