As obras desde Arteixo a Carballo consisten no estendido de microeglomerado en varios treitos entre os puntos quilométricos 16 e 29 da autoestrada
A Xunta de Galicia inicia maña, 6 de abril, a mellora do firme na autoestrada AG-55 entre Arteixo e Carballo. Os traballos poden facer necesario cortes puntuais de carrís no tramo entre concellos.
As obras, que duran ata o venres, consisten no estendido de microaglomerado en frío en varios treitos de ambas as calzadas entre os puntos quilométricos 16 e 29 desta autoestrada. Para poder acometer estas actuacións de conservación será preciso realizar cortes de tráfico puntuais nun carril, permitindo a circulación alternativa polo outro. Esta intervención permitirá mellorar a adherencia dos neumáticos neste tramo e evitar o deterioro do firme, reforzando a seguridade viaria.
No seguinte cadro indícase a programación dos cortes previstos esta semana:
PK inicio | PK fin | CARRIL | CALZADA | DÍAS |
16+000 | 17+760 | Esquerdo | Crecente | 6 e 7 de abril |
18+700 | 17+000 | Alterno | Decrecente | 6 ao 8 de abril |
21+000 | 23+100 | Dereito | Crecente | 7 e 8 de abril |
25+000 | 28+500 | Esquerdo | Crecente | 6 e 7 de abril |
27+000 | 29+200 | Dereito | Crecente | 7 e 8 de abril |
27+600 | 23+000 | Alterno | Decrecente | 8 e 9 de abril |