Cultura convoca el 22º Certame de Narracións breves Manuel Murguía

Un año más el concello de Arteixo apuesta por contribuir al desarrollo de la narrativa gallega al mismo tiempo que honra a Manuel Murguía. BASES Poderán concorrer todos...

Un año más el concello de Arteixo apuesta por contribuir al desarrollo de la narrativa gallega al mismo tiempo que honra a Manuel Murguía.

BASES

    • Poderán concorrer todos os autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
    • Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30, escritos con letra arial, corpo 12 e en tamaño DIN A4.
    • Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor.
    • As obras deben enviarse facendo constar no sobre “21º certame Manuel Murguía de narracións breves” antes do 1 de marzo de 2012 ao seguinte enderezo:

        Concello de Arteixo

        Praza Alcalde R. Dopico, n.º 1 15142 Arteixo A Coruña

  • Establécese un único premio dotado con 3.703,70 €, sometido á correspondente retención. O galardón pode declararse deserto ou ser repartido “ex aequo” entre dous autores. Os finalistas recibirán un pergamiño acreditativo.
  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2012.
  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.
  • Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo de un mes a partir do fallo.
  • O/s finalistas e o/s autor/es premiados/s renuncia/n aos seus dereitos no caso que o Concello edite o/s texto/s e se fixer outras edicións fará constar que foi premiado neste certame.
  • A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ao xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.