Concerto do Coro Novo da Orquesta Sinfónica de Galicia

O concerto é o sábado 9 de abril ás 19:00 horas e con invitación que poderase recoller 1 hora antes do comenzo da actuación na billetería do CCC Arteixo
Arteixo presenta el concierto del coro joven de la sinfónica de galicia
photo_camera Concierto do coro xóven da Orquesta Sinfónica de Galicia

O regreso do ciclo "concerto extraordinario" é o sábado 9 de abril ás 19:00 horas no Auditorio do CCC de Arteixo

O Coro Novo da Orquesta Sinfónica de Galicia preséntase en concerto o próximo sábado 9 no Auditorio de Arteixo. Unha proposta de alta calidade enmarcada na "Primavera das Artes" que organiza o concello local. A cita é as 19:00 horas e con invitación. A mesma poderase recoller 1 hora antes do comenzo da actuación na billetería do CCC Arteixo e ata esgotar aforo permitido.

O Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia, creado no ano 2005, supón a posta en marcha do último dos proxectos vogais de Son Futuro, tras a consolidación do Coro e dos Nenos Cantores da OSG. Dende entón participaron en varios proxectos coa Sinfónica de Galicia, entre os que destacan Carmina Burana de Orff ou La tabernera del puerto de Sorozábal. Ademáis de colaborar nos concertos co Coro e a Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade concertos en solitario en diferentes localidades por toda Galicia, como é neste caso.

Formado por 35 mozas e mozos de entre 13 e 21 anos, esta agrupación representa a ponte coral entre o Coro de Nenos e o de adultos da OSG. Actualmente, asume a dirección musical Daniel García Artés e conta como director artístico con Joan Company. Estes son os temas que interpretarán no concerto de Arteixo:

  • Media Vita - Michael Mcglynn
  • A Joyful Alleluia - Gordon Young
  • Kyrie en Re menor K.90 - W. A. Mozart
  • Ave María - Julio Domínguez
  • O Sacrum Convivium - Luiggi Molfino
  • Canones: This women, Under this stone - Henry Purcell
  • Con amores a mi madre - J. De Anchieta (arr. Bob Chilcott)
  • When you wish upon a star - Leigh Harline (arr. Daniel G. Artés)
  • Lela - arr. Julio Domínguez
  • Cinema Paradiso - Ennio Morricone (arr. Daniel G. Artés)
  • One Day More - Claude-Michel Schönberg (arr. Mark Brymer)
  • Man in the mirror - Michael Jackson (arr. Daniel G. Artés)
  • Seasons of love - Jonathan Larson
  • El Ciclo de la Vida - Elton John (arr. Daniel G. Artés)