Curso de teatro: Asociación Teatral Paso de Valverde

A Asociación Teatral Paso de Valverde imparte un curso de 16 h. de Commedia dell'Arte durante os dias 6,7,8 e 9 de Decembro de 2012. O obxectivo do curso é descubrir no traballo da Máscara o veículo propio para compoñer e accionar as diferentes...

A Asociación Teatral Paso de Valverde imparte un curso de 16 h. de Commedia dell'Arte durante os dias 6,7,8 e 9 de Decembro de 2012.

O obxectivo do curso é descubrir no traballo da Máscara o veículo propio para compoñer e accionar as diferentes personaxes, fuxindo da forma falsa e estereotipada que tan a miudo se ve na Commedia dell'Arte máis tradicional, evitando dar chimpos por que si, deixando de moverse robótic amente, como autómatas e poder controlar así o tempo de xogo (acción) e o tempo do público (timming) para achegarnos a construir unha verdadeira personaxe.

PREZO DO CURSO: 12 €

DATAS: do 6 ao 9 de Decembro de 16,30h a 20,30h .

LUGAR: Local da ATPdV. Avda dos Bosques, 14 - Arteixo.

INSCRIPCIÓNS: por estricto orde de chegada até o 29 de Novembro.

EMPADRONAD@S EN ARTEIXO:

por medio de instancia no Rexistro Municipal.

NON EMPADRONAD@S:

mandando un correo cos vosos datos a: [email protected] (indicando no asunto 'inscripcción curso Commedia').

Máis información:  [email protected]Departamento de Xuventude (Trav de Arteixo 249 – 3º) / Nas redes sociais como ESXARTEIXO e no teléfono 981600054 ext 2303