"Os demos de barro", en Arteixo

"Os demos de barro" conta que Rosa naceu no campo. Un día mudouse á cidade e convertiuse nunha muller de éxito. A súbita morte...
Os demos de Barro se proyecta en Arteixo

O venres 13 de xaneiro realizaranse dous pases en Arteixo.

"Os demos de barro" conta que Rosa naceu no campo. Un día mudouse á cidade e convertiuse nunha muller de éxito. A súbita morte do avó que a criou, fai que Rosa volva á súa vila natal cun sentimento de culpa por non ter correspondido a ese amor.

Grazas a unha serie de cartas e indicacións, Rosa descubre que seu avó deixoulle encargada unha misión importante que a reconciliará consigo mesma e coas persoas que a rodean.

Así Rosa entra nun mundo poboado de criaturas fantásticas, animais silvestres, e unha vida na que o ritmo das estacións e a axuda mutua son o máis importante.

Pues O venres 13 de xaneiro realizaranse dous pases;

  • primeiro pase: pola mañá, ás 11:00 h para o alumnado dos institutos de Arteixo. Ademais de poder ver o filme tamén visionarán un vídeo no que se mostra cómo foi o proceso de elaboración dos bonecos. A obra será presentada por algún dos profesionais que participaron nela como Isabel Naveira que é a actriz que da voz á protagonista da película). Tamén participará Laura Zapata, xefa de producción da película e David Saborido, animador.
  • segundo pase: será pola tarde, ás 20:30 h. A entrada será con invitación que se pode adquirir a través da WEB  ou 1 h antes do comezo da proxección, ás 19:30 h.

Parrocha Studio

Parrocha Studio ocupa un local no centro de Arteixo e é un estudo de animación dirixido por Xosé Zapata. Despois de gañar con Monkey Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, co apoio da Deputación da Coruña regresa a Arteixo cunha longametraxe, "Os Demos de Barro" dirixida por Nuno Beato, tamén nominada aos Goya 2023.

Aclarar que a película está calificada a partir de 7 anos. A técnica de animación empregada nesta longametraxe é a de stop-motion e todas as persoaxes que aparecen na película foron elaboradas íntegramente no estudio de Arteixo.