Preincrición para alumnado de nova incorporación á Escola de Música de Arteixo

O prazo para estudar na Escola de Música estará aberto ata o 11 de maio de 2022 e aplícase as dúas sedes (Arteixo e Meicende)
preinscripción escola de música de Arteixo
photo_camera Alumnos da Escola de Música do Concello de Arteixo (imaxe do arquivo)

Desde onte e ata o 11 de maio ábrese o prazo para estudar na Escola de Música de Arteixo

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, abre o prazo de preincrición para o alumnado de nova incorporación á Escola municipal de Música de Arteixo (EMMArteixo) para o curso 2022/2023.

O mesmo estará aberto ata o 11 de maio de 2022 e aplícase as dúas sedes (Arteixo e Meicende). As solicitudes  deben ter entrada no correo habilitado ao efecto desde as 00: 00 do día 20 de abril ata as 14:00 horas do último día de prazo (11 de maio). As solicitudes fóra dese prazo non se admitirán. As solicitudes de preincrición poderán formalizarse para Música e Movemento:

  • 1- INICIACIÓN I (para nados/as en 2018)
  • 2- INICIACIÓN II (para nados/as en 2017)
  • 3- BÁSICA I (para nados/as en 2016)
  • 4- BÁSICA II (para nados/as en 2015)
  • 5- LINGUAXE MUSICAL E INSTRUMENTO (nados/as 2014 ou con anterioridade).
  • Esta etapa de ensinanza divídese en 4 cursos. Agás o alumnado que solicite canto que deberá ser nado/a en 2012 ou con posterioridade

Envío de documentación e máis información a través do enderezo electrónico [email protected] mediante o envío do modelo preincrición que poder DESCARGARSE AQUI . Contactar al 671 582787 no caso de dudas. Deixamos duas ligazóns para maior información: OFERTA INSTRUMENTAL e PRAZOS DE MATRICULA

Más en Arteixo