Participar como figurantes na Cabalgata de Arteixo

As persoas interesadas en participar como figurantes pódense inscribir ata o 23 de decembro no servizo de Cultura do Concello de Arteixo
figurantes para participar cabalgata de Reis
photo_camera Arteixo invita a ser figurantes para cabalgata de Nadal

A Concellaría de Cultura solicita a colaboración da cidadanía para participar como figurantes na Gran Cabalgata do 5 de xaneiro de 2022

Iníciase a campaña de captación de figurantes para a Cabalgata de Arteixo do día 5 de xaneiro. Sempre que as autoridades sanitarias o permitan, un séquito composto de diversos personaxes acompañará ás Súas Maxestades. O percorrido iniciarase ás 18:00 horas e discorrerá polo centro de Arteixo para rematar ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes.

Descarga aquí a ficha de inscrición

As persoas interesadas pódense inscribir ata o 23 de decembro. Preferiblemente han de ser maiores de idade. No caso de querer inscribir a menores, estes deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable. As inscricións realizaranse en horario de 9:00 a 14:00 horas nas oficinas do servizo de Cultura, ou mandando un e-mail a [email protected]. Máis información no teléfono 981 641803

As persoas inscritas serán convocadas para unha proba de vestiario o 28 de decembro en horario de 11:00 a 15:00 ou o 29 de decembro de 16:00 a 20:00 horas no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ese día recibirán as instrucións pertinentes para o día do desfile.