Humor para pequenos e maiores no Auditorio de Arteixo

"Quixote" e "Aquí tou" integran la cartelera de humor para pequenos e maiores do fin de semana no Centro Cívico Cultural de Arteixo
cultura e ocio para pequenos e maiores en Arteixo
photo_camera Unha das propostas de humor para adultos e pequenos en Arteixo

O venres o espectáculo "Quixote" para pequenos desde 4 anos e o sábado a comedia audiovisual de Xosé A. Touriñán

A compañía Pedras de Cartón trae a súa particular versión do "Quixote" para os máis pequenos da familia. Será este venres 18 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio del CCC de Arteixo. A peza recibiu o Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. O espectáculo está dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez. Conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras. Venda de entradas o propio día da función en horario de 11:30 a 13:30 horas ou 2 horas antes do seu comezo. O espectáculo está recomendado para maiores de 4 anos.

Audiovisual "Aquí tou"

En colaboración coa Deputación da Coruña, o sábado 19 ás 20:00 horas, se proxecta Aquí Tou!, un formato audiovisual que traslada á pantalla un espectáculo de humor de Xosé Antonio Touriñán. Está realizado a varias cámaras e cunha coidada dirección de arte e fotografía. Aquí Tou! leva a experiencia da comedia en directo ás pantallas de cine.

Touriñán leva máis de 10 anos realizando espectáculos de comedia por toda Galicia e acumulando milleiros de espectadores. Nas súas actuacións logra conectar con distintas xeracións de galegas e galegos a través do seu humor enraizado na nosa terra. Arteixo será o segundo concello no que se proxecte logo dun primeiro pase en Vimianzo. A entrada será con invitación que se recollerá 1 hora antes do comezo da función na billeteira do CCC de Arteixo.

"Quixote" está dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez