Inverno cultural para todos os públicos

Coincidindo coa chegada do inverno o Auditorio do Centro Cívico e Cultural ofrece música para maiores y para nenos o 23 e 30 de decembro
actuación musical de inverno en Arteixo
photo_camera Actuación de "The 4 Stations" no Auditorio del CCA

O outono cultural da paso a unha tempada de inverno cargada de actividades en Arteixo

Coincidindo coa chegada do inverno e a un día de Noiteboa, Arteixo conta cunha actuación moi especial no Auditorio do CCC de Arteixo este xoves 23 de decembro ás 20:00 horas. "The 4  Stations" é un grupo clásico crossover que mestura música lírica con pop. Está formado por catro compoñentes de España con impoñentes voces e impecable presenza sobre o escenario.

Esta formación rende homenaxe ao internacionalmente recoñecido cuarteto, IL DIVO. Despois de levar o seu espectáculo polos cinco continentes, "The 4  Stations" regresa esta tempada do Nadal coa súa nova xira: O Espírito do Nadal! En forma de musical, o cuarteto interpretará panxoliñas clásicas populares así como unha selección dos grandes éxitos. Un espectáculo elegante, emocionante e entretido no que se integra ao público como parte do show, facendo de este un recordo inesquecible. As entradas, a 4 e 3 euros, se poderán mercar o propio día da función en horario de 11:30 a 13:30 horas ou 2 horas antes do seu comezo.

Para público infantil

O xoves 30 de decembro presentase un espectáculo con moito ritmo para público infantil. Será ás 19:00 horas, tamén no Auditorio. "La Granja Show Infantil" ofrece musical en directo. Percorren os temas mais famosos da discografía infantil: La Gallina Turuleta, Susanita tiene un ratón, Veo, Veo, Mi Familia, Vamos a contar mentiras, Que todo el mundo baile, Como me pica la nariz, Los Pajaritos, etc...

Espectáculo con entrada: 3 e 2,25 euros que se poderán mercar o propio día da función en horario de 11:30 a 13:30 horas ou 2 horas antes do seu comezo. Todas aquelas persoas maiores de 12 anos que desexen asistir como público deberán exhibir certificado COVID ou proba similar como medida preventiva. O requeremento está contemplado na Orde do 14 de decembro publicada no DOG nº 241 do 17 de decembro de 2021.