A xira "Continente María" fai parada en Arteixo

Continente María, dirixida por Tito Asorey, presentase o venres 21 para percorrer o territorio galego con drama, anécdotas, música, risa e reflexión
Obra teatral Continente María en Arteixo
photo_camera "Continente María" o venres 21 no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo

Protagoniza "Continente María" a actriz galardonada nos Premios da Cultura Galega 2022

Neste outono do Ano Internacional de María Casares, que celebra o centenario da gran actriz, o espectáculo regresa aos tetros galegos facendo unha das primeiras paradas en Arteixo. Será mañá venres 21 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cívico Cultural. As entradas (4 e 3 euros) pódense adquirir mañá de 11:30-13:30 horas ou dous horas antes do comezo da función.

Malia a dificultade de traer ao presente unha figura tan inmensa como a de María Casares. "Continente María" está a colleitar unha moi boa crítica e xa foi definida coma "un dos grandes espectáculos deste ano". A actuación de Melania Cruz, recentemente galardoada nos Premios da Cultura Galega 2022, móstrase neste espectáculo.

No espectáculo, dirixido por Tito Asorey, convive o humor, a emoción e unha gran musicalidade aportada en escena polo compositor e multi instrumentista Vadim Yukhnevich. Xunto a Melania, o músico bielorruso forma unha gran parella escénica que é capaz de meter ao público no universo da actriz galega. Continente María percorre o territorio galego con drama, anécdotas, música, risa e reflexión.

"Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria", explican.

Melania Cruz protagoniza la obra dirixida por Tito Asorey