Obradoiro con familias sobre educar na era dixital

Este segundo obradoiro con familias en Arteixo leva por título “Tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar na era dixital”
Obradoiro para padres
photo_camera Obradoiro no Centro Tecnolóxico de Arteixo, xoves 17

Este segundo obradoiro con familias leva por título: “Tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar na era dixital”

O xoves 17 a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do Concello de Arteixo e Xunta de Galicia levarán a cabo un obradoiro sobre educación e dixitalización. A cita é no Centro Arteixo Inovación a partir das 18:00 horas. Trátase da segunda actividade enmarcada no ESPAZO EDUCA_Creando Pontes, que foi iniciado no primeiro trimestre deste curso escolar.

Este novo obradoiro con familias leva por título: “Tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar na era dixital”. O impartirá o doutor en Psicoloxía Social, profesor universitario e investigador Antonio Rial Boubeta. Dito profesional poñerá sobre a mesa datos reveladores e, ao mesmo tempo, reflexionará sobre algunhas claves para que tanto nais e pais, como educadores sepan enfrontar no día a día esta nova problemática.

A inscrición realizarase enviando un correo a [email protected] indicando nome, apelidos e teléfono da persoa participante. Fecha límite, 15 febreiro ás 14:00 horas. Contarase cun servizo de ludoteca.