Aproban no pleno nomear "Paseo das Letras" un tramo do paseo fluvial

O obxectivo do Paseo das Letra é potenciar os diferentes proxectos que conforman o programa cultural municipal de Arteixo
paseo fluvial con nombre en Arteixo
photo_camera 17 de maio, Día das Letras Galegas no paseo fluvial de Arteixo

O acordo tamén suporá a colocación no paseo de todos os nomes dos gañadores do premio Manuel Murguía

O goberno local de Arteixo levó ao pleno municipal un acordo para nomear o tramo de paseo fluvial dende a entrada na Avenida do Balneario ata a isleta do cruce de Loureda como "Paseo das Letras". Será o día 14 de maio, con motivo da entrega do Premio Murguía e a conmemoración das Letras Galegas. Considérase necesario denominar dito tramo, dado a envergadura que está a adquirir o paseo fluvial para facilitar a identificación. Propoen, ademais, a colocación de todos os nomes dos gañadores do Certame Manuel Murguía nestes 30 anos de vida. A finalidade é para perduren no tempo e manter así unha seña de identidade do lugar e evitando que os distintos autores queden esquecidos.

"O obxectivo desta iniciativa pasa por potenciar os diferentes proxectos que conforman o programa cultural municipal. Sobre todo os que pertencen á cultura máis de noso, tal e como como acontece no caso do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, considerado o buque insignia da cultura do noso pobo. Este ano estamos a celebrar con distintos actos o seu 30º aniversario", afirman desde o Concello.

A iniciativa, ademáis, inclúe dar traslado do nomeamento os diversos organismos competentes, coma o Instituto Nacional de Estatística (INE), Correos, Catastro, Deputación, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, así como aos departamentos do concello aos que afecte dito nomeamento.