Alberto Ramos recibe o Premio Narrativa Breve Repsol

O xornalista e escritor, Alberto Ramos, recibiu en A Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega por á súa obra "Os corpos dos Romanov"
Premio 2022 de narrativa breve de Repsol
photo_camera Entrega do Premio Narrativa Breve de Repsol

O xornalista e escritor foi galardoado co premio Repsol con 12.000 euros e coa publicación de seu libro "Os corpos dos Ramanov" por parte de Editorial Galaxia

O xornalista e escritor, Alberto Ramos, recibiu en A Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega grazas á súa obra "Os corpos dos Romanov".
O acto de entrega tivo lugar na sede da Fundación Paideia Galiza e estivo presidido por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Mercedes Gómez, subdirectora de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. A entrega tamén contou cun recital da gaiteira, Susana Seivane.

Dezaseis edicións apoiando a creación en galego

No ano 2006 a refinería da Coruña creou en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Premio Narrativa Breve Repsol, que desde 2010 promove Fundación Repsol. O obxectivo desta iniciativa cultural é impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para que escritores galegos poidan chegar aos lectores.

O pasado mes de xuño Fundación Repsol e a Consellería de Cultura, Educación e Universidades asinaron o convenio para o desenvolvemento desta XVI edición en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Premio Narrativa Breve Repsol conta tamén co apoio da Editorial Galaxia, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), ademais de importantes personalidades da cultura galega que cada ano forman o xurado para elixir a obra gañadora, e que nesta edición estivo representado por: Marcos Calveiro, director de Edicións da Galaxia, Xosé Monteagudo, escritor e gañador da XV edición do premio Narrativa Breve Repsol, Ramón Nicolás, académico correspondente da Real Academia Galega, Diana Varela, escritora nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e Dolores Vilavedra, profesora da literatura galega na USC e crítica literaria.

Ao longo das súas edicións o Premio Narrativa Breve Repsol consolidouse como un certame de referencia no panorama das letras galegas, sendo cerca de 500 as que se presentaron a concurso desde a súa creación.

O gañador

Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986) é xornalista e escritor. No campo do xornalismo exerceu na sección de Cultura do Xornal de Galicia e traballou com
sinatura independente en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes. Na actualidade, tras o seu paso pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, dedícase ao eido da comunicación e mais da publicidade dende a axencia Con C de Comunicación.

No ámbito da literatura, ten publicado as novelas Dor Pantasma (Biblos, 2006), obra premiada con Biblos Pazos de Galicia; Con acuse de recibo (Biblos, 2010), título galardoado co premio de novela por entregas de La Voz de Galicia; Todos os días (Sotelo Blanco, 2013) obra coa que se fixo merecedor do Premio Vicente Risco de creación Literarias; Máscaras Rotas para Sebastián Nell (Galaxia, 2014), volume distinguido co Premio García Barros, e A simetría das bestas (Urco. 2018), libro co que recuncou no certame Vicente Risco de Creación Literaria.

Más en Arteixo