O 31 de xaneiro remata a recepción de obras do concurso Manuel Murguía

Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega ata remata a recepción de obra
remata presentación de obras premios marnuel Murguía Arteixo 2022
photo_camera Remata el 31 de xaneiro presentación de obras

O prazo para presentar obras ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo remata o próximo luns 31. Ademais convocan ao concurso Homenaje a Rosalía 2022

O próximo 31 de xaneiro de 2022 remata o prazo para presentar as obras a concurso, máis cedo que en anos precedentes. A causa reside nos máis estritos requisitos administrativos que nos últimos tempos se teñen implementado. As bases na súa versión completa están dispoñíbeis na web do Concello de Arteixo arteixo.org. Pretenden deste xeito, por 31º ano, contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega.

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte, deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
  • Non se admitirá máis de unha obra por autora.
  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2.022.
  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día 20 de maio de 2.022 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.
  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.

Para máis información contactar a [email protected]  o chamar al 981 641803 (ext 4100).

Concurso poético "Homenaxe a Rosalía"

Como se ven realizando nos últimos anos, a Concellaría de Cultura coa Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, convoca o certame "Homenaxe a Rosalía". Poden participar alumnas e alumnos dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria nas escolas de Arteixo. As persoas seleccionadas poden optar, en función da poesía realizada e como a reciten o día 26 de febreiro ás 11: 30 horas na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" a gañar lotes de libros. Pola súa parte, a persoa gañadora absoluta, recibirá unha tablet. Pódense consultar as bases do concurso nesta ligazón Concurso poético homenaxe a Rosalía, 2022. – Palabra de Biblioteca (wordpress.com)