Teatro en Arteixo contra a violencia de xénero

Trátase dunha peza teatral, gañadora do Premio nacional de teatro Castello a Escena 2006, interpretada por Gema Ulloa e Fran Giraldo
Teatro del Andamio en el Concello de Arteixo
photo_camera Teatro en el Auditorio de Arteixo en el marco del 25N

A Concellaría de Cultura súmase á conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero a través do teatro

Hoxe, venres 26 de novembro ás 20:00 horas, a compañía coruñesa Teatro del Andamio, comandada por Tatiana Likhacheva, representará Insubmisión no Auditorio de Arteixo. Trátase dunha peza teatral, Premio nacional de teatro Castello a Escena 2006, interpretada por Gema Ulloa e Fran Giraldo sobre a violencia no ámbito familiar que parte de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explicitamente. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente... A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario. A segunda é que Insubmisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, sobre a rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta. Espectáculo con entrada (3 e 2,25 euros). Venda de entradas hoxe en horario de 11:30-13:30 e 2 h oras antes do comezo da función.