"Valente e Rebelde" este venres no Auditorio

"Valente e rebelde" é unha peza teatral infantil que poderá verse no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo o venres ás 20:30 horas
Teatros infantil o venres 11 de febreiro en Arteixo
photo_camera As actrices Paula Regueiro e a arteixá Lucía L. Golán o venres no auditorio

O venres 11 de febreiro continúa a carteleira de inverno en Arteixo cun espectáculo para público infantil a partir dos 3 anos

"Valente e Rebelde" é unha peza teatral infantil que poderá verse no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo o venres ás 20:30 horas. O espectáculos está a cargo de Trémola Teatro, unha compañía formada por as actrices Paula Regueiro e Lucía L. Golán (arteixá) a finais de 2017 en Madrid. Ambas formáronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).