Día da Danza con La Macana en el Centro Cívico de Arteixo

Arteixo celebra o Día Internacional da Danza con La Macana. O 26 de abril 2019, a concellaría de Cultura e Festas, a través do programa Primavera das Artes “PRIM-ART”, trae a Arteixo a nova creación de danza contemporánea de La Macana, a compañía formada por Caterina Varela e Alexis Fernández.

O punto de partida desta peza en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano.

Un espectáculo recomendado para á mocidade

Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai. Un espectáculo recomendado para a mocidade arteixá.

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e de dous importantes teatros en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen.

É o venres 26 de abril ás 20:45 h no Auditorio do CCC de Arteixo, con entrada: 4 euros (3 euros para colectivos especiais que o acrediten).